Este 27 de novembro desenvolveuse unha xornada daquelas para a lembranza.

Despois dunamarabillosa introducción feita polo profesor Eduardo José  Fuentes Abeledo, Ángeles e Isabel Abelleira achegaronnos unha auténtica caixa de sementes. Sementes gardadas con coidado ao longo de máis de trinta anos nas aulas de infantil, e que agora queren compartir con todas aquelas persoas que educan á infancia desde o agarimo e o compromiso. E así foi, dabba gusto ver a persoas  con anos de experiencia e comprometidas coa educación e a rapaces e rapazas dos primeiros cursos dos graos de Educación. Unha conversa onde reflexionamos sobre a escola que necesitamos: basaeada no cuidado dun mesmo, aos outros e ao que nos rodea. Unha pedagoxía de proximidade lonxe de modas, activismos irreflexivos e innovación por ocurrencia,

As irmás animáronnos a contar o que facemos, a que a cultura, a sensibilidade e a beleza, encha as nosas aulas,

De todo isto falan no seu libro: «La escuela del ser y del querer (ser)». Grazas!