O pasado 22 de novembro celebrouse , na facultade de ciencias da educación da UDC, o segundo Work Café baixo o título “Aula a dous”. Nesta ocasión acompañounos Jesús Garrido, pedagogo con unha extensa e recoñecida experiencia na formación docente en España e Portugal, asesor pedagóxico da Ruta Quetzal, e fundador do programa Prensa Escuela, entre outros proxectos.
O profesor Garrido, falounos de un programa de adestramento na aula, a metodoloxía “Aula a dous” tamén coñecida como “co-teaching”. En primeiro lugar mostrounos as 6 funcións principais que acostuman a desenvolverse nesta metodoloxía , e aportou recursos para levala á aula , propondo contidos e actividades para cada unha das funcións.
En segundo lugar, definiu os 5 indicativos que diferencian “aula a dous” de outras formas de traballo na aula colaborativa e que deben darse para que a experiencia dual teña éxito (interacción presencial, interdependencia grupal influencia mutua, información técnica e incidencia nos resultados) Por último, explicou as vantaxes da implantación de esta metodoloxía para a observación con vídeo na aula.
Mostrounos un programa de “Observación na aula” que leva desenvolvendo desde os anos 70 coa interacción verbal á que engadiu no 2015 á interacción visual por medio de innovacións tecnolóxicas como o método Swivl, un sistema que grava todas as interaccións do profesor na clase.
Na metodoloxía de Observación, dous profesores gravan o seu propio traballo e o someten despois a unha análise, discusión e reflexión participativa con expertos, buscando a mellor solución para o seu progreso.
Na revista OGE de novembro podedes acceder á información completa sobre “aula a dous” e na páxina de Prensa Escuela, na sección de «Leccións» podedes acceder a distintos recursos e actividades.