O proxecto “Apertas que unen xeracións”, desenvolvido polo Colexio Cervantes en colaboración coa residencia Bouco Maiores Lugo, foi seleccionado como gañador da VI edición dos Premios FEAE Galicia de Innovación Educativa Rafael Rodríguez Martín.

A elección resultou especialmente difícil debido á elevada calidade dos traballos presentados nesta convocatoria, que ano tras ano continúa medrando en participación e excelencia educativa.

O proxecto premiado destacou polo seu alto valor humano, educativo e social, ao promover encontros interxeracionais entre alumnado e persoas maiores, xerando espazos de convivencia, afecto e aprendizaxe compartida. Trátase dunha iniciativa que exemplifica unha educación centrada nos valores, no coidado das persoas e no compromiso coa comunidade.