O xurado da convocatoria dos III Premios FEAE Galicia de Innovación Educativa, tras valorar as excelentes propostas enviadas nesta edición, decidiu otorgar os seguintes premios:

 MODALIDADE A: Para proxectos de centros educativos de Educación Infantil (0-6), CRA, Primaria, Secundaria, Formación Profesional e Centros de Educación Especial.

«Torsos: RCP»

Proxecto presentado polo CPI O Cruce de Cerceda e coordinado por Xacobo de Toro Cacharrón.

 MODALIDADE B: Para proxectos de equipos de profesorado de centros educativos de Educación Infantil (0-6), CRA, Primaria, Secundaria, Formación Profesional e Centros de Educación Especial.

«Rosetóns do románico galego con xeometría dinámica» proxecto coordinado por Roberto Maneiro Catoira do IES Puga Ramón da Coruña.

O acto de entrega dos Premios terá lugar o xoves 8 de xuño as 18:30 do 2023 no Concello da Coruña.