O pasado 28 de setembro, na facultade de ciencias da educación tivo lugar o primeiro café tertulia dos programados para este curso escolar. Co título de «Experiencias didácticas colaborativas» tivemos ocasión de coñecer o traballo que realizan nos seus centros os ponentes que amablemente quiseron compartir esa tarde con nos.

José Viñas e Nachos Ruiz, do IES David Buján presentáronnos a experiencia «Abrindo as xanelas da aula». Co título de «Realidade virtual e Storytelling» Begoña Codesal falounos do traballo que levan elaborando dende hai tempo no Ceip Ponte dos Brozos. E Montse Sancho, da escola infantil de Montealto mostrounos a actividade «Espacios compartidos na tenda de Antón»