O 14 de novembro de 18:30 a 20:00 na sala contigua á cafetería da Facultade de Ciencias da Educación do campus de Elviña,contamos co relatorio dun experto na materia, Alfonso Fernández (Ex- presidente de FEAE, inspector xeral do Pais Vasco, recentemente xubilado) que publica desde fai cinco anos as ferramentas para a dirección da revista DyLE.

Antes do coloquio, Alfonso introduciu os fundamentos nos que se sustenta o liderado pedagóxico e mostrou algunhas das ferramentas dispoñibles para as direccións dos centros e como adaptalas a cada contexto particular. En concordancia coa nosa liña de traballo que aglutina a unha rede de profesionais con competencias expertas e diversificadas, ¡o coloquio foi enriquecido coa presenza de representantes das direccións dos centros, dos servizos de apoio, a inspección, profesorado de infantil, Primaria, Secundaria, FP, Universidade e axentes da Administración educativa, así como outras persoas da comunidade educativa.