Hoxe acompañamos á inauguración en Cerceda dunha rúa co nome do noso benquerido Rafael Rodríguez Martín. Na rúa que leva o seu nome está o colexio que dirixiu durante tantos anos, o CEIP Celso Emilio Ferreiro en A Silva. Durante o acto, no que estiveromn presentes varios menbros da Xunta Directiva de FEAE Ga e do FEAE Estatal, o alcalde da vila, a xefa de estudos do centro e a viúva de Rafael, fixeron unhas declaracións que daban conta da humildade, proximidade, traballo, compromiso, diálogo e loita incansable do noso compañeiro Rafa.
https://www.lavozdegalicia.es/…/0003_202411C14C8993.htm