O 4 de xullo, xoves, remataremos o curso cunha cea coloquio na que nos gustaría atoparnos con todos os asociados e simpatizantes de FEAE Galicia. Será na facultade de ciencias da educación da Universidade de A Coruña e dará inicio ás 8 da tarde. O coloquio estará dinamizado por Soledad Felloza, actriz, escritora, dramaturga e directora do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, que seguro contribuirá coa súa exposición a facernos pasar unha agradable velada.
Queremos que esta cea sexa unha ocasión propicia para vernos todos os amigos e simpatizantes de FEAE e aproveitar a oportunidade de disfrutar xuntos, dialogar e compartir as nosas experiencias, alegrías e cuitas. Contamos coa vosa presencia e a de aquelas amizades ás que querades invitar.
O custe da cea é de 20 euros. Non será necesario facer o pago previo pero sí é imprescindible notificar a vosa asistencia no correo feaegalicia@gmail.com. O prazo límite para apuntarse será o 30 de xuño.