O pasado 4 de xullo  un bó numero de socios de FEAE Galicia disfrutamos xunto con outros compañeiros e compañeiras das historias de vida de Sole Felloza.Historias amables, cotiás e divertidas onde o oficio de ensinar aparecía en diferentes relatos: coas familias hirperprotectoras, na vida e nos contos da «señora Lola» e nas múltiples anécdotas que cpmpartio connosco. Unha cea fraternal onde o ambiente era tan grato que casi nos tiveron que desaloxar para que saíramos da Facultade de Ciencias da Educación, onde se celebrou o evento. Un espazo de encontro para finalizar un curso longo e iniciar proxectos para o próximo.

Durante o curso 18/19 ,desenvolvemos tres work-cafés dirixidos a tres bloques que nos parecen  de  sumo interese para os profesionais da educación:

  1. Compartir experiencias innovadoras e inspiradoras  como as que nos mostraron Montse Sancho, Begoña Codessl e Xosé Viñas en cada  unha das etapas educativas.
  2. Entrar na necesaria reflexión didáctica  e innovación permanente ao coñecer metodoloxias  como a de «Aula a 2» con Jesús Garrido.
  3. E abrir as portas dos nosos centros a través de proxecctos europeos da  mán de Celina  Santamaria do CFR da Coruña e dos compañeiros do IES David Buján.

Para o novo curso, nos primeiros días de setembro, enviaremos unha enquisa para coñecer as expectativas dos asociados e asistentes habituais aos work- cafés para elaborar unha programación axustada aos seus intereses.

Grazas  a Sole Felloza  por axudarnos a elaborar un bonito conto de fin de curso no que compartimos emocións, desexos e alegría .

Bo verán!