O venres 27 de setembro Carmen Fernández Morante, presidenta da Conferencia de Decanos/as de Educación, acompañounos no primeiro  Work Café  deste curso «A Chave do éxito formación e selección do profesorado».

Carmen introduciu a sesión cunha pequena reflexión sobre a necesidade de consenso e rigor no deseño dun proxecto educativo estable e flexible no que todas as partes acheguen e cos interlocutores necesarios. «A educación non pode estar a debate en mans de influencers», sinalou  a relatora. Despois de indicar algúns datos relevantes como o número de estudantes de Maxisterio e Máster de Secundaria, as prazas ofertadas no ensino público e concertado ou o cociente teórico/práctico, compartiu algunhas das » ideas ocurrentes» que lle transmitiron algunhas das persoas en postos institucionais ou políticos respecto a formación e selección do profesorado. En definitiva, definiu o contexto real no que se está debatendo o pacto educativo.

Apuntou  os resultados das  tendencias internacionais (Talis, OCDE, UE etc.)/ etc.). Entre elas destacou atraer aos mellores á profesión docente, unha  formación inicial e continua de calidade, o apoio ao desenvolvemento profesional e difusión de boas prácticas e favorecer  a satisfacción profesional e o status do profesorado. Para a relatora, os principios básicos sobre os que se debe sustentar a revisión, formación e acceso á profesión docente  son: 1- Un enfoque sistémico do problema fronte a accións singulares e non interrelacionadas para alcanzar un obxectivo común. 2- A colaboración e o traballo común entre as Universidades, os centros educativos e as administracións educativas. 3- Contar coa opinión e traballar en colaboración co profesorado. Todos estes parámetros  permiten  desenvolver un proceso de cambio coherente e articulado para lograr ese pacto que todos desexamos e que tanto necesitamos. A continuación, mostrou a proposta de bases para a mellora da formación docente, tanto no acceso aos graos de Maxisterio  e ao #Máster de Secundaria como na formación inicial e permanente do profesorado. Finalizada a súa intervención, abriuse a quenda de preguntas onde se expuxeron cuestións como a formación e selección de mentores no «prácticum», a innovación educativa, a catalogación de boa prácticas. a figura do investigador nas aulas e viceversa, os cambios necesarios no perfil de profesor/a asociado/a ou a colaboración universidade/escola. Un Work Café moi participativo que nos anima como Foro Europeo de Administradores de Educación en Galicia,  a continuar ofrecendo espazos e tempos de debate e reflexión entre todos os axentes que forman parte do sistema educativo galego.ntinuación expuxo unha serie de retos que os sistemas educativos deben afrontar para mellorar a profesión docente.