Que é o Forum Europeo de persoas Administradoras da Educación (FEAE)?

FEAE é unha asociación non gubernamental que traballa no ámbito da educación de varios países de Europa, fundamentalmente en aspectos relacionados coa administración e a xestión educativas. Un lugar de encontro, de reflexión e intercambio que ten como obxectivo principal a mellora da calidade da educación.

Para saber máis: Web de FEAE

Quen formamos o FEAE?

Profesionais da educación: profesorado,  membros da inspección educativa, membros de equipos directivos, asesores e asesoras, estudantes de educación,…etc. Entre os nosos socios e socias hai membros de todas as redes (pública e concertada), e de todos os niveis educativos (Educación  Infantil, Primaria, Educación Secundaria, Universidade, Servizos de Apoio, etc…).

Xunta directiva FEAE Galicia