«Unha excesiva medicalización no tratamento da saúde mental na escola fronte a un tratamento sociocomunitario.» Así comenzou Manuel Armas Castro, doutor en Ciencias da Educación e autor de numerosas publicacións, para levarnos a facer unha reflexión profunda sobre a prevención e intervención ante problemas de conducta nos centros educativos, mostrando casos prácticos como os que desenvolveu na súa longa etapa como Especialista en Trastornos de Conducta do Equipo de Orientación Específico de A Coruña.