No Café Coloquio de xaneiro, Concepción Aramburu, inspectora de Educación, fíxonos reflexionar sobre a importancia de potenciaciar a aprendizaxe por competencias para propiciar unha renovación na práctica docente e no proceso de ensinanza e aprendizaxe, con un enfoque centrado na avaliación como instrumento de propostas renovadoras, tanto á hora de deseñar e desenvolver tarefas como para potenciar as distintas competencias no alumnado.
Concepción explicou polo miúdo as novas probas competenciais da EBAU e mostrounos os pasos dados na ransformación dunha proba de Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas correspondente aos Premios ESO ao Rendemento Académico, aplicada no curso 2020/2021, nunha proba competencial axustada ás dimensións da guía GAPpisa, que podemos trasladar a calquera das probas que habitualmente facemos nas aulas de matemáticas e doutras disciplinas.