Estimados/as socios/as e simpatizantes do Forum de Galicia:
O vindeiro 16 de xuño, venres, o Forum Europeo de Administradores da Educación de Galicia organiza unha Cea Coloquio-debate para tratar un tema de actualidade e de moito interese para o ensino: » Educación e Investigación». Para tal fin contamos coa presenza do Dr. Angel María Carracedo
Álvarez catedrático de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular na facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente coordina a súa intensa labor de investigación coa labor docente. Persoa experta en temáticas relacionadas Medicina Xenómica, a Mediciña Forense, en nas enfermidades raras. O mesmo tempo con experiencia contrastada nas aulas sobre estas temáticas.
As súas principais liñas de investigación actuais inclúen a xenética do cancro e das enfermidades psiquiátricas en idade infantil e a farmacoxenómica, entre outras.
As persoas interesadas en asistir a esta actividade lúdico formativa deberán comunicalo por correo electrónico (feaegalicia@gmail.com) ou por teléfono (662 544 252) antes do día 09 de xuño por cuestións de dispoñibilidade de espazos. Dado que o aforo é limitado (60 prazas), as solicitudes atenderanse por orde de recepción. Como xa coñecedes os asociados e simpatizantes o formato de Cea-coloquio nos facilita a abordaxe dun tópico, neste caso «A Educación e a investigación», contando coa presenza dun experto no mesmo e cunha secuencia onde antes de cear farase unha breve introdución da temática sobre a cal se
poderá ir conversando ao longo da cea para, con posterioridade, proceder a un enriquecedor debate entre
os asistentes.
Con esta actividade pretendemos pechar o telón dun intenso curso escolar 2016-2017 a toda a familia do FEAE de Galicia e dos seus simpatizantes.
