O pasado venres 25 de xaneiro celebramos o terceiro Work Café de este curso na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.
A xornada  centrouse nos Proxectos Europeos e contamos coa presencia de Celina Santamaría, recoñecida experta do Centro de Formación e Recursos de A Coruña e con Carmen Suárez, profesora con unha amplia experiencia na coordinación de proxectos europeos no seu centro, o IES David Buján, en Cambre.
Celina comenzou a súa intervención destacando a evolución dos proxectos europeos como iniciativa de algún docente até unha perspectiva orientada aos intereses do centro e ao impacto no alunado. Dividiu a presentación en sete puntos chave no deseño e desenvolvemento de un proxecto Erasmus +. No primeiro punto, internacionalización do centro, describiu brevemente os tipos de programas e deu algunhas pistas sobre a detección de necesidades e a alineación cos obxectivos do Erasmus +. A continuación, enfocou o seu discurso até o desenvolvemento de proxectos, a selección de socios, os requisitos técnicos e a avaliación.
Por último, aportou unha serie de recursos e comentamos brevemente un caso práctico.
Destacamos as páxinas da SEPIEeTwinning School Education Gateway