O venres 27 de setembro Carmen Fernández Morante, presidenta da Conferencia de Decanos/as de Educación, acompañounos no primeiro Work Café deste curso «A Chave do éxito formación e selección do profesorado».
Carmen introduciu a sesión cunha pequena reflexión sobre a necesidade de consenso e rigor no deseño dun proxecto educativo estable e flexible no que todas as partes acheguen e cos interlocutores necesarios. «A educación non pode estar a debate en mans de influencers», sinalou a relatora.
Despois de indicar algúns datos relevantes como o número de estudantes de Maxisterio e #Máster de Secundaria, as prazas ofertadas no ensino público e concertado ou o cociente teórico/práctico, compartiu algunhas das » ideas ocurrentes» que lle transmitiron algunhas das persoas en postos institucionais ou políticos respecto a formación e selección do profesorado.
En definitiva, definiu o contexto real no que se está debatendo o pacto educativo.
A continuación expuxo unha serie de retos que os sistemas educativos deben afrontar para mellorar a profesión docente e que veñen tamén marcados polas tendencias internacionais (Talis, OCDE, UE etc.)/ etc.). Entre eles destacou atraer aos mellores á profesión docente, unha formación inicial e continua de calidade, o apoio ao desenvolvemento profesional e difusión de boas prácticas e favorecer a satisfacción profesional e o status do profesorado.
Para a relatora, os principios básicos sobre os que se debe sustentar a revisión, formación e acceso á profesión docente son:
1- Un enfoque sistémico do problema fronte a accións singulares e non interrelacionadas para alcanzar un obxectivo común.
2- A colaboración e o traballo común entre as Universidades, os centros educativos e as administracións educativas.
3- Contar coa opinión e traballar en colaboración co profesorado.
Todos estes parámetros permiten desenvolver un proceso de cambio coherente e articulado para lograr ese pacto que todos desexamos e que tanto necesitamos.