O  xurado da convocatoria dos II Premios FEAE Galicia de Innovación Educativa,  tras valorar as excelentes  propostas enviadas, decidiu otorgar os seguintes premios:

MODALIDADE A:  Para proxectos de centros educativos de Educación Infantil (0-6), CRA, Primaria, Secundaria, Formación Profesional e Centros de Educación Especial.

«Paseolidarios»proxecto presentado polo CIFP Paseo das Pontes en A Coruña.

Paseolidarios é un proxecto que leva a cabo diferentes accións de emprendemento sostible no CIFP Paseo das Pontes, aproveitando os recursos xenerados nas aulas taller. Créase cunha estructura formal coma se fose unha empresa de economía social, na que o alumnado de todos os niveis, seguindo a metodoloxía aprendizaxe-servizo, aprende facendo un servizo á comunidade e provocando cambios na súa contorna.

 

MODALIDADE B:  Para proxectos de  equipos de profesorado de centros educativos de Educación Infantil (0-6), CRA, Primaria, Secundaria, Formación Profesional e Centros de Educación Especial.

«InvestigArte» proxecto coordinado por Sonia Figueiredo Araujo do CEIP Nazaret de Cangas (Pontevedra).

InvestigARTE é un proxecto que persegue achegar ó alumnado a arte mentres melloran as súas habilidades de busca de información en Internet.

Este proxecto foi levado a cabo durante o curso 2020-2021 no CEIP Nazaret de Cangas por alumnos de 6º de primaria dentro dun aula Edixgal.

A través das diferentes fases nas que se divide o proxecto, o alumnado toma contacto cos diferentes ámbitos da arte: pintura, escultura, arquitectura, literatura, cine, música e danza. O proxecto céntrase nas habilidades asociadas á investigación e a exposición oral, pero tamén dedica tempo á creación artística, ao uso das novas tecnoloxías e ao xogo.