‘»Aquí tamén se fala» do IES Rafael Dieste (A Coruña) , coordinado por Arcadio González Nóvoa e Alberto Pombo Añón. foi seleccionado como gañador na Modalidade A dos IV Premios FEAEGa Rafael Rodríguez Martín.
Unha iniciativa cultural de dinamización da lingua galega que envolve a máis de 200 centros educativos, 25.000 estudantes e 50.000 espazos normalizados, así como aos principais clubs do deporte profesional galego. É tamén un proxecto educativo no que o alumnado se forma na comunicación audiovisual e no traballo en redes sociais.