O martes 24 as 18:30, na sala a carón da cafetería da Facultade de Educación da UDC, acompañarannos 6 asociacions de familias de nenos e nenas  con diferentes necesidades educativas. APNED Lugo, Fundación INGADA, ATELGA, Asociación TANV, ASPANAES e ASPERGA.

Cada asociación estará nunha mesa contándonos a realidade que viven cos seus fillos e comentaran con nós como podemos sumar sinerxias na súa educación.