Ppara compartir reflexións e propostas sobre un dos eixos centrais do proceso de ensino-aprendizaxe: a avaliación do alumnado, entendendo a avaliación como un instrumento que debe contribuír á mellora das aprendizaxes do noso alumnado e que ademais debe converterse nun motor do cambio en educación.
As xornadas celebráronse a tarde do venres 19 de maio e a mañá do sábado 20 de maio. A tarde do venres foi exclusiva e pechada para os socios e socias da FEAE e centrouse en debater a situación da avaliación, a cualificación e os informes nas nosas comunidades. A xornada do sábado organizouse conxuntamente coa Facultade de Educación da Universidade do País Vasco e estivo aberta tamén a persoas que non pertecen a FEAE. Estruturouse a través de dous relatorios, a primeira centrada en clarificar o sentido e os instrumentos básicos da avaliación formativa, impartida por Naiara Bilbao da Universidade do País Vasco, e unha segunda sobre o  desenvolvemento da avaliación competencial a partir da LOMLOE, desenvolta por Javier Cortés, doutor en Pedagoxía, profesor de secundaria e da UNED. Así mesmo, coñecimos varias experiencias de centros que realizaron cambios significativos no seu proceso de avaliación, entre eles un centro galego.