Gonzalo Castro Lodeiro, representante da Carta da Terra en Galicia, xunto con Alicia Jiménez traballadora do Departamento de la Carta da Terra na Universidade de la Paz en Costa Rica e outros representantes conectados via on line, faláronnos das novas relacións co planeta e sobre os valores éticos compartidos que debemos tomar a nivel global e que compoñen a Carta da Terra
A Carta da Terra, aprobada en xuño do 2000, é unha declaración de principios fundamentais que ten o propósito de formar unha sociedade xusta, sostible e pacífica a escala mundial. Busca inspirar nos pobos un sentido de interdependiencia e responsabilidade compartida para o ben da humanidade e as demais especies que habitan a Terra. É unha iniciativa que pretende establecer unha base ética sólida para a sociedade global emerxente que axude a crear un mundo sostible baseado no respecto a a natureza, os dereitos humanos universais, a xustiza económica e unha cultura de paz.
A Carta da Terra é adoptada e utilizada como recurso educativo en escolas, institucións de educación superior, así como no desenvolvemento comunitario para facer fronte aos retos globais. Os educadores poden utilizar a Carta da Terra como un recurso útil para tratar temas como a ética, o medio ambiente, a xustiza social, o desenvolvemento sostible, a globalización e as relacións internacionais.