• Con este título tan suxerente, reunímonos no CFR da Coruña un grupo de  35 educadores para reflexionar sobre as mudanzas necesarias na educación. Profesorado e directivos de centros públicos, concertados e privados, así como representantes da universidade, inspectores e asesores da educación coordinados por Nélida Zaitegui, debatimos sobre distintas cuestións de interese na educación actual e conformamos un pequeno grupo de traballo.